Buscar este blog

martes, 23 de noviembre de 2010

BLOG DO GRUPO DE TRABALLO PABLOVI-FÁTIMA DO PROXECTO ABALAR


Este blog foi creado parao desenvolvemento do GRUPO DE TRABALLO ABALAR do Colexio PABLO VI-FÁTIMA. O proceso integrador das novas TICs na aula leva consigo estas necesidades:
·         O noso centro é de carácter relixioso, concertado-privado. Conta con dous edificios separados en distancia de 2 km (un para infantil e primaria, outro para ESO e bacharelato)
·         Temos dúas aulas implicadas no Proxecto ABALAR, una de 5º de Primaria e outra de 1º ESO.
·         O  profesorado ten un contacto moi directo coas TICs xa que dende vai catro anos o Centro conta con pizarras dixitais en todas as aulas e iso implicou certo grao de formación ao profesorado.
·         Necesítase formación centrada no que é o Proxecto Abalar, linux e o seu entorno, así como na busca, utilización e creación de recursos didácticos.
·         Existe certo entusiasmo entre os profesores e o alumnado ante esta novidade que supón o inicio do Proxecto ABALAR. Posiblemente terá detractores que aínda consideren que as novas tecnoloxías non teñen un uso didáctico no sistema educativo, son os que se quedaron na web 1.0, sen considerar as avantaxes que pode producir a web 2.0

No hay comentarios:

Publicar un comentario